O PP de Meira defende a mellora e ampliación do centro de saúde e PAC que atende a veciños de seis municipios

Os populares visitaron o centro médico acompañados pola deputada e doutora lucense Encarna Amigo

O voceiro popular, Carlos Veiga, agradece que a Xunta escoitara as súas peticións e dirixa 300.000 euros ao proxecto

A reforma proposta suporá a ampliación do centro para resolver problemas de espazo que permitirán dotar de máis salas ao centro de saúde e tamén ao PAC

 A doutora, Encarna Amigo explica que “os orzamentos de Sanidade medraron un 23% entre o 2009 e o 2022” e defende as reformas e construcións de novos centros de saúde que “seguen a liña de actuacións da Xunta que permitiu mellorar 95 centros en Galicia dende o 2009”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.