Os Mallos Unidos solicita desculpas públicas do Concello da Coruña e a Subdelegación do Goberno

Como ben vimos de coñecer, os datos do Ministerio do Interior apuntan á nosa cidade da Coruña como a  máis insegura de Galicia sumando un total de 12.873 delitos que se reflicten nun 35,8% con respecto ao ano anterior, e máis de tres veces superior á media nacional cun 11%.

Aínda que sabemos que coñecedes os datos, non é peccata minuta facer fincapé neles, pois se nos leva negando a maior desde o Concello da Coruña, e máis concretamente nas declaracións de:

  1. a nosa alcaldesa Dna Inés Rey García,
  2. o Concelleiro de Seguridade Cidadá D. Juan Ignacio Borrego,
  3. a Concelleira de Barrios, Dna. Diana M. Cabanas,
  4. o Concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, Jose Manuel Lage Tuñas
  5. e mesmo o Delegado do Goberno D. José Miñones

Quenes afirmaron e seguen a afirmar en repetidas ocasións que se trata de sensacións de inseguridade máis que de situacións reais. Pois ben, esas «sensacións» se materializan en aumentos:

  • dos roubos con violencia nun 53% máis
  • dos roubos con forza e intimidación nun 13%;
  • dos roubos en fogares nun 37%.
  • dos furtos nun 55%.

Sabemos que estes datos non se refiren só ao barrio dos Mallos senón a toda a cidade da Coruña, cousa que vimos advertindo e reflectindo en redes; ademais de por Rexistro no Concello. Non somos un gueto, simplemente fomos os primeiros en darmos a voz de alarma. Por non mencionar os casos de okupación que seguimos a ter que afrontar practicamente sós, como aconteceu hai uns días na rúa Ribadavia ou na Avda. dos Mallos hai xa uns meses.

No pleno do 13 de xaneiro ao que acudimos como público, a alcaldesa airadamente mandounos calar por levamos as mans á cabeza ante as palabras de Dna. Diana Cabanas quen aseverou e perxurou que os índices de delincuencia baixaran e que a presenza policial no noso barrio era palpablemente maior.

Pois ben, como xa dixeramos na manifestación en María Pita o 7 de novembro – cos datos do terceiro trimestre recén publicados que avalaban as nosas queixas e denuncias – agora os datos de todo o ano completo 2021 vólveno facer. Esiximos pois, unhas desculpas públicas por parte da alcaldía da mesma forma que se nos abochornou públicamente no pleno sen motivo, e por facer unhas declaracións incertas sobre a situación dos Mallos e da seguridade cidadá da Coruña en xeral. Tamén pola anunciada «presentación» da policía comunitaria que o Concello veu facer ao noso Centro Cívico para negar que puidese materializarse por falta de medios e de NECESIDADES REAIS, semanas despois.  Consideramos isto un paripé e unha manobra política do máis torticeira para intentar enganar á veciñanza e facernos calar. Cousa que por suposto non conseguiron, nin conseguián mentres a situación persista.

Do mesmo xeito, tamén esiximos que as desculpas nolas pida o Subdelegado do Goberno, D. José Miñones, por terse mofado do padecemento dos numerosos furtos, asaltos, roubos ao descuido, trapicheos, acoitelamentos, pelexas entre okupas, incendios provocados que puxeron vidas en perigo, roubos de pensións, etc…calificándoos de «sensación» cando o propio Ministerio do Interior, con datos que son irrefutables e incontestables, nos dan – moi ao noso pesar – a razón sobre unha realidade na que non quixeramos estar.

E, por último, volvemos pedir:

– Que se estableza un servizo de policía de barrio, a pé, comunitaria ou como queiran denominala, que atenda as necesidades reais da cidade.

– Que se para iso fan falta efectivos, se convoquen oposicións dado que a policía local ten unha taxa de reposición moi alta que non contemplan as poucas prazas en previsión de seren convocadas.

– Que se medie co Goberno Central para un endurecemento das leis contra a delincuencia, a okupación e o tráfico de droga; especialmente nos narcopisos e cos individuos reincidentes que acaban estando na rúa ás poucas horas de ser detidos no mellor dos casos.

– Que se mellore dunha vez a iluminación e que o servizo de limpeza sexa de calidade e cotián para non deixar caer o barrio no máis absoluto dos abandonos.

– Que se dinamice con actividades de corte cultural, lúdico e social, non só no noso barrio senón no resto de barrios no canto de centralizar os actos nos lugares de sempre. Facer cidade é facer vida na rúa para que saia o mellor dos barrios e non o peor.

– Que a Concellería de Benestar Social, con Dna. Yoya Neira á cabeza, tome conciencia e actúe de inmediato ante o repunte do consumo de drogas duras como a heroína e plantexe accións de concienciación, tratamento e acompañamento dos enfermos que non son máis que víctimas dos traficantes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.