Piden a análise dunha posible vertedura ao río Mero en Cambre

Alternativa solicita a urxente revisión e análise duns lodos que finalizan no río Mero para verificar que non supón un risco medioambiental
Membros do grupo municipal de Alternativa de Cambre observaron, mentras inspeccionaban as recentes obras de Augas de Galicia na zona, como nun regato que transcorre polas inmediacións do antigo merendeiro de Peiraio observaron a presencia de lodos de aspecto aceitoso e cor alaranxado. O atípico aspecto que levaba o regato que vai morrer no Mero puxo en alerta a formación política ante a posibilidade dun vertido perigoso para a saúde do rio Mero e o seu entorno natural.
O feito foi informado rapidamente á Concelleira de Medio Ambiente polos concelleiros de Alternativa, esperando se fagan as indagacións precisas coa maior celeridade. “Esperamos que o interese amosado polo entorno natural de Cambre non comece e remate no “humedal do río Brexa” ou coa plantación de cincuenta arbores neste ano pasado”.