PP “É urxente dotar a A Fonsagrada dun polígono industrial, pero non pode ser a calquera prezo”

Os populares cren que o alcalde, o socialista Carlos López, é consciente agora de que non ten nada que ofrecer aos fonsagradinos cando as eleccións locais xa aparecen no horizonte político e “quere correr ao prezo que sexa”
O portavoz popular, José Regueiro, considera que o goberno local vai tarde, mal e arrastro e está disposto a hipotecar o Concello por moitos anos só porque chegou á conclusión de que necesita un logro canto antes
O PP cre que o alcalde intenta curarse en saúde e por iso acusa por anticipado ás outras administracións de poñer paus nas rodas, dado que os accesos ao polígono poderían afectar ao Camiño de Santiago
Os populares concordan en que a creación do polígono é moi urxente e din que se non está en servizo dende hai anos é debido a pésima xestión do alcalde e do seu equipo. Lembran que os socialistas levan case 20 no goberno municipal
Regueiro di que de momento aínda non foron adquiridos os terreos precisos para o parque empresarial