PP. «Os investimentos dos últimos anos demostran o compromiso da Xunta coa promoción do Camiño Primitivo en A Fonsagrada»

O portavoz popular, José Luís Regueiro, di que a Xunta instalou o monólito do quilómetro 100 na capital lucense a petición de varias asociacións e é igual que todos os que se poden atopar ao longo da ruta
Os populares destacan que PSOE e BNG impulsaron a instalación dun monumento na entrada do Camiño Primitivo na capital lucense e o goberno de A Fonsagrada non viu o motivo de crítica que si atopa no monólito do quilómetro 100
José Luís Regueiro di que unha vez máis queda claro que o PSOE fai das institucións que goberna unha ferramenta de crítica continua á Xunta
No PP destacan os investimentos efectuados pola Xunta en albergues, na limpeza e acondicionamento do Camiño e as aportacións mediante convenios para melloras no municipio de A Fonsagrada en relación coa ruta xacobea
Regueiro di que se o Concello se deixase de criticar e apoiara e promocionara o Camiño como o fai a Xunta, iríalle moito mellor ao municipio