Presentado en Lugo o ciclo Xadrez para Todas

O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levan adiante esta proposta con distintas actividades que promocionarán o xadrez nas rúas e nos centros de ensino
O Goberno de Lugo colabora coa asociación cultural Xaquedrum nun novo programa educativo baseado no xadrez. Baixo o nome «Xadrez para todas», realizarase un amplo programa orientado ás e aos escolares e a toda a veciñanza de Lugo, co obxectivo de «espertar a curiosidade e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa», explicou Felipe Rivas.
En total, desenvolveranse 8 actividades en distintas zonas da cidade, entre o 6 de marzo e o 30 de setembro. As actividades comezan co Torneo de Xadrez Escolar de Entroido, que terá lugar o vindeiro 6 de marzo no soto da Praza de Abastos.
Felipe Rivas destacou «o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación», e engadiu «a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade».
Actividades Xadrez para Todas
TORNEO DE XADREZ ESCOLAR DE ENTROIDO
Lugar: Soto da Praza de Abastos.
Calendario: 6 de marzo.
Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/as os/as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.
TORNEO DE XADREZ ESCOLAR DE SEMANA SANTA
Lugar: Soto da Praza de Abastos.
Calendario: 3 de abril.
Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/ as os/as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.
TORNEO DE XADREZ ESCOLAR FESTA FINAL
Lugar: Praza Maior.
Calendario: 17 maio.
Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/ as os/ as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.
TORNEO DE XADREZ ESCOLAR NADAL
Lugar: Praza Maior.
Calendario: 18 decembro.
Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/as os/as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.
XAQUE NAS AULAS
Lugar: Escolas de infantil e colexios públicos de Lugo.
Calendario: Desde Marzo a Decembro.
Descrición: Este programa achega o xadrez ás aulas infantil e primaria para formar, durante tres sesións, aos/ as alumnos/ as de 5º,6º de infantil e 1º de Primaria na práctica do xadrez, tendo en conta dos indubidables efectos positivos que esta disciplina ten para os estudantes, tanto a nivel persoal como intelectual.
XADREZ XIGANTE E BAÚL VIAXEIRO
Lugar: Praza Maior.
Calendario: 2, ao 22 de xuño de luns a venres.
Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.
VIAXE POLA HISTORIA DO XADREZ
Lugar: Praza do Castiñeiro.
Calendario: 1 ao 15 de xullo de luns a venres.
Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.
VOLTA AO COLE DIVERTIDO
Lugar: Praza maior de Lugo.
Calendario: 1 ao 30 de setembro de luns a venres.
Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.