Regueiro asume a presidencia do Partido Popular de A Fonsagrada “para continuar liderando un proxecto gañador e recuperar o goberno local”

A voceiro do PP proclamouse Presidente co 100% do votos durante o congreso celebrado esta mañá, e que contou coas intervencións da Presidenta Provincial, Elena Candia, e do Secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado

O novo presidente estará acompañado “dunha nova e importante incorporación”. Trátase do arquitecto técnico e empresario local Zeus López Deiros, que ocupa o posto de Secretario Xeral

Defendeu “a necesidade de cambio”, pois “o PSOE é un auténtico destrutor de servizos no noso pobo”, onde practica un socialismo rancio, co que A Fonsagrada non avanza

Os populares lembran que o POE perdeu as pasadas eleccións e que Carlos López é alcalde porque o ex rexedor Argelio Fernández renunciou ao bastón de mando despois de encabezar a lista socialista

Candia agradeceu persoalmente a todos os integrantes da Executiva “o seu compromiso co noso Partido”, sobre todo, “cando A Fonsagrada ten un importante peso político nun dos obxectivos que nos marcamos para o ano 23, que é gañar a Deputación de Lugo”

 Os populares destacan que hoxe A Fonsagrada ten menos servizos e non hai un proxecto ilusionante para o municipio

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.