Revista do Fútbol Feminino Galego – Número 101 (febreiro, 2022)

Carlos Castro
Aínda que ás veces facemos crítica da desorganiza- ción, da falta de sentido común na toma de deci-sións, do asalto ao poder da mediocridade para construír sociedades empobrecidas, a altura da competencia dos pouco capacitados que as dirixan, tamén é certo que hai elementos sociais, goberna- dos polos anteriores, que se moven cun egoísmo ao que lle poñen pouco, ou ningún límite. Na sociedade non sempre coinciden o dereito e o moral.
Se nos ocupamos do fútbol, no contexto no que este deporte se está desenvolvendo desde hai dous anos, todos coincidimos nun enunciado: “a saúde está por riba da competición.” Se sacudimos a árbore un pouco, xa non son todos, malia que a maioría, que concorda en que “se a competición comeza, agás causas insalvables que o impidan, debe rematar, e se unha pode rematar (a masculina profesional), as outras tamén deben facelo.” Estamos nesta circunstancia e vémonos cunha nova realidade que debemos regulamentar. Como se regulamenta o adia- mento dun partido por casos de covid nalgunha das atletas? Cando nun plantel aparecen tres positivos. Até aquí non hai problema. A dificultade aparece cando o lexislador atende á boa fe dos participantes. E a partir deste instante aparecen as rumoroloxías existentes.
Nunha situación de intereses competicionais, por que apelar á boa fe das entidades competidoras? As probas de antíxenos son realizadas polos propios clubs e non están supervisadas por médicos. Cabalgando sobre as faladurías, por que un club non vai forzar un adiamento apelando ao protocolo anticovid-19 cando algunha xogadora importante dá positivo, ou ten algunha pequena lesión. Iso por un lado, pero tamén podería darse ou- tro máis deplorable. Imaxinan un equipo que estea interesado en seguir competindo e arriscara a poñer en perigo a saúde das súas xogadoras e a da propia sociedade, ampliando a probabilidade dos contaxios, ocultando o positivo dunha asintomática? Vivimos nunha sociedade que sexa quen de autorregulamentarse pola boa fe? Cal é a razón da boa fe neste caso? O boísmo da RFEF e as súas territoriais, a falta de investimento para que a limpeza da competición non sexa cuestionada por algunha das formulacións anteriores, a demostración que a Mutualidade do fútbol español tampouco serve para isto? O fútbol é un xogo, a saúde, non.