Un centenar de nenos e nenas participan na cuarta quenda da campaña de Esquí da Deputación

Cen escolares dos concellos de Abegondo, Aranga, Ares, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Coirós, Curtis, Irixoa, Melide, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior, Vilasantar viaxaron á estación de Valgrande-Pajares

A Deputación da Coruña continúa desenvolvendo a súa Campaña de Esquí 2022. Nesta fin de semana, un centenar de nenos e nenas de Abegondo, Aranga, Ares, Bergondo,  Betanzos, Cabanas, Coirós, Curtis, Irixoa,  Melide , Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado,Toques, Vilarmaior e Vilasantar visitaron a  estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

Esta é a cuarta expedición á neve,dentro da campaña provincial, e nela participan mozos e mozas de 11 a 15 anos de idade. Con esta proposta, a institución provincial pretende «que a rapazada da provincia da Coruña poida iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí con monitores profesionais, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario», indicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán.

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, ata o 21 de febreiro  diversas viaxes á estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para impulsar a práctica do esquí entre a mocidade de 11 a 15 anos de idade dos municipios coruñeses.

Este ano participarán un total de 600 nenas e nenos da provincia, cen máis que na anterior edición.

O vindeiro 18 de febreiro sairá cara a estación invernal de Valgrande-Pajares a última quenda deste ano, na que participarán outros cen rapaces e rapazas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.