Xuntos Carballo PM+J pide o arranxo da estrada das Labradas a Portolago e da rúa Salgueiro

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade Perfecto Méndez Lema, achegáronse ata as Labradas e rúa Salgueiro, para atender as queixas que lle fixo chegar a veciñanza

A primeira delas refirese a o arranxo do firme da vía que transcurre ata chegar a o lugar de Portolago, que según transmiten está en mal estado, e aínda que foron numerosas as ocasións nas que derón conta do problema ata o de agora non se deu solución algunha.

A segunda reinvindicación (na mesma estrada) refírese a colocación de tubaxes de maior diámetro que permita o paso da auga nun tramo da estrada, o que evitaría o anegamento que acontece en épocas de chuvia intensa, e que neste intre e un problema para o tráfico rodado ou para peóns que camiñen pola zona.

A terceira chega dende a rúa Salgueiro, que leva moito tempo cun firme moi defectuoso. “Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos solucións inmediatas por parte do concello que remate con estes problemas,moitos deles extendidos no tempo” declaran.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *