Xuntos Carballo por un mundo máis xusto denuncia o mal estado de estradas na alta de Rús

O secretario local e voceiro, Xesús Deus Gende acompañado do representante para a parroquia Juan Carlos Rey Pensado, achegaronse ata a alta de Rús para coñecer en primeira persoa o estado en que se atopa unha estrada de dito lugar.

Con data tres de Marzo de 2021, a formación municipalista presentou un escrito requerindo a o concello o control das vías públicas cando tivera lugar unha tala de madeira.Posteriormente o consistorio colgou na páxina oficial, unha  publicación baseada na nosa reinvindicación, na que daba a coñecer a intención dun maior control deste tipo de actividad, pero que vendo os firmes de diferentes vías, pensamos que foron tan só palabras baleiras.

A normativa que foi aprobada con data 26/5/2014,e ben clara,pero por desgraza está sendo imcumprida reiteradamente.

Entre outros artigos son moi significativos os seguintes:

  • E obrigatoria a comunicación por  parte do madeireiro/a cunha antelación  mínima de oito días,onde se vai realizar,que vehículos van traballar…
  • A obriga de limpar , retirar ou eliminar, polas, tonas, barro… diariamente ao remate da xornada laboral.

Depositar unha fianza de 3000 euros antes da realización da corta.

  • Os servizos técnicos municipais acompañados dos interesados/as,comprobarán o estado dos camiños e estradas mediante fotografías, para acreditar a súa realidade física.

Asimesmo pedimos no mesmo escrito os datos relativos a cantidade de talas feitas,fianzas recollidas e onde se empregaron, porque moitos camiños non foron arranxados. Ata o día de hóxe e case que un ano despois seguimos sen resposta.

Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos novamente que o concello faga cumprir a normativa vixente,a  cal se aprobou xá sendo a corporación actual a que estaba a fronte do goberno. Asimesmo pedimos que se actúe na estrada desta parroquia motivo da queixa veciñal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.