Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pide máis presenza policial por rúas e estradas do Concello

Recentemente anunciabanse novas incorporacións de axentes de seguridade local,co que a plantilla actual é xá dunha trintena (aparte dos que aportan forzas de seguridade do estado,presentes no noso concello). Cando pasas pola rúa Cervantes podese ver unha morea de coches patrulla, que entendemos que serán para prestar servizo,e non para estar parados, collendo producindo gastos ou facendo publicidade das marcas. Se temos efectivos policíais dabondo, e un parque de vehículos máis que aceptable,como pode ser que haxa tan alto índice de delincuencia como o qué está acontecendo nas derradeiras datas?.
A seguridade das persoas, locais de diversa índole e do mobiliario urbán debe de ser unhas das accións prioritarias dos axentes, e non só mirar quen se pasa cinco minutos na zona azul, ou agocharse nun vehículo para poñer multas. Dito isto,pensamos que deberían de aumentar as rondas en coche e a pe, tanto en horario diurno coma nocturno, e tendo en conta que hai persoal dabondo cubrir as zonas máis sensibles, o que sen dúbida dificultará os actos delictivos, así coma a función de disuasión.
Tras o exposto dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, consideramos que deberían de tomarse medidas urxentes para mellorar o servizo que a día de hóxe non está sendo todo o bo que debería. «Serán polo tanto os responsables desta área de goberno e os mandos os que teñan que axustar horarios,quendas e rondas que permitan prestar un servicio de calidade,que non dubidamos de que os profesionais deste sector realizarán con éxito».Sinala o voceiro Xesús Deus ,que exerciu durante máis de dez anos como vixiante e como xefe de equipo en diversas ocasións, na seguridade privada».