Xuntos Carballo recolle varias queixas na parroquia de Sísamo

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade Perfecto Méndez Lema, achegaronse ata varios lugares da parroquia carballesa de Sísamo para atender a veciñanza que previamente se puxera en contacto con eles, para transmitirlle varias queixas e reinvindicacións, que demandan dende fai tempo,e que a día de hóxe seguen sen ser atendida

A primeira refirese a un tramo de vía que enlaza a rúa Rodríguez Sesmeros, “coa luxosa e superacondicionada rúa Cándido González Tirad (non se sabe moi ben porque tal acondicionamiento, salvo que alí habite algún ou algunha privilexiado/a, vendo as vías da contorna), que se xuntan a través dun camiño de terra,que non permite a correcta circulación de vehículos, polo que a veciñanza desa zona pide un asfaltado de tal tramo”.

“A segunda queixa levanos ata unha pista chea de fochancas e barro, que enlaza a raíña coa estrada de Figueroa, e aínda que según o consistorio é pouco transitada ,e en principio non contempla o seu arranxo por considerala de pouco uso, a verdade e que é bastante a xente que emprega este atallo (lembramos que o concello e o encargado, según a lexislación vixente do mantemento e reparación de vías e camiños de uso público)”. “Recentemente parece ser que limparón as cunetas, pero deixaron un tramo sen limpar, non se sabe moi ben porque motivo, o que causa problemas graves de tránsito. Noutro tramo construiron unha especie de canal que atravesa a pista, o que ocasiona que os vehículos corran risco de danarse a pasar por esa zona. Comentannos tamén que o alumeado público onde empeza a vía non está ben orientado, enfocando cara casas privadas e non cara a vía, como debería ser”. Piden pois que se proceda a pavimentar a estrada, limpar as cunetas, enfocar a luz pública para uso de todos/as os veciños e que metan algún tipo de reixa, que tape o rego rematando así co desnivel existente.

As outras reinvindicacións chegan dende o lugar de Ramil, na mesma parroquia, e son varias. Piden que se dote de fibra o lugar ,pois foron moitas as veces que se lle garantiu que chegaría, e diso fai xá tres anos. Quéixanse igualmente do transformador da corriente, por estar situado no medio dunha área de ocio e de xogos moi concurrida, polo que consideran que e moi perigoso ao que se suma que a liña de media tensión pasa moi preto dunha vivenda, causandolle numerosos problemas a os seus habitantes. Asimesmo tamén transmiten que o concello considere a posibilidade de dotar o núcleo con traída de auga.

“Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos a o concello que proceda a solucionar os problemas que son da súa competencia, e que asimesmo faga as xestións pertinentes diante das empresas tanto de teléfono coma de electricidade, para rematar coas incidencias que ven arrastrando a veciñanza dende fai xá moito tempo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.