A asociación querENDO mulleres con endometriose reivindica un diagnóstico temperá

Este sábado 26 de marzoa partir das 10:30 h, a asociación querENDO mulleres con endometriose organiza, co gallo do Día da Endometriose (14 de marzo) e da Marcha Mundial pola Endometriose (26 de marzo), os seguintes eventos aos que convida a toda cidadanía:

Xornada divulgativaa, no Salón de Graos da Facultade Dereito da USC:

– ENDO: diagnóstico e tratamento, a cargo da xinecóloga do CHUS Helena Rodríguez (10:30 h).

– O papel das Unidades da Dor en ENDO, a cargo do anestesista da Unidade da Dor do CHUS Pablo López (11.30 h).

Concentración e lectura do manifesto de querENDO, na Praza Roxa, ás 13:30 h.

Tarde participativa, na Biblioteca Concepción Arenal:

– Dor e pracer, da man de Berta Vega e Verónica Ramilo, sexólogas e membros de asociación querENDO (17.00 h).

– Visita guiada á exposición «Olladas á ENDO», por Verónica Ramilo, autora de parte das obras expostas (18.30 h).

Con esta xornada, asociación querENDO quere dirixirse á poboación galega para seguir reivindicando a importancia dun diagnóstico temperá desta doenza sistémica que incapacita a 60.000 galegas, e que ten un retraso medio diagnóstico de 8 anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.