A CIG informa en relación ó paro patronal do sector de mercadorías, non poden descontar o salario ó seu persoal

Primeiramente que as empresas, como consecuencia de secundar este paro patronal, non poden descontar o salario ó seu persoal, dalo de baixa na Seguridade Social, nen descontar os días como vacacións, os días de paro, cando menos, terán a consideración de permiso retribuído. 

Compre lembrar que o persoal asalariado deste sector na provincia de Lugo ten pendente a aplicación do incremento salarial para o ano 2022, o convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo establece como incremento salarial para o presente ano, o IPC real do ano ano 2021 mais o 0’75%, o que totaliza un incremento total do 7’25% do salario que, á data presente seguen sen aplicarlle ó persoal (cando menos para o persoal de movemento supoñen un incremento anual de 1.209,61 euros). 

Dende a CIG instamos a que as partes asinantes deste convenio axilicen a confección das táboas salariais do presente ano, pero sobre todo a patronal do sector, que asuman ese incremento salarial ó persoal de maneira fulminante, pois é unha clara necesidade para o persoal que, cando a actividade neste sector se incrementaba e tiña uns custes ‘baratos’ para os combustibles non se lles reparou nada disto. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.