A Festa da Familia volve a Dumbría

A Festa da Familia volverá este ano á Devesa da Lúa, na Carballeira de Berdeogas na que será a súa vixésima edición

Onte celebrouse na casa consistorial unha reunión para abordar os preparativos desta xuntanza que para a veciñanza de Dumbría ten un especial significado, este ano aínda máis, se cabe.

Despois de dous anos de non poder celebrarse, debido á pandemia provocada pola Covid-19, este ano volveremos desfrutar da Festa da Familia en Berdeogas, sempre e cando a evolución da situación sanitaria o permita.

Será o domingo, 31 de xullo.

Na reunión tratouse a adaptación do funcionamento deste evento para cumprir cos protocolos sanitarios que esixa a situación, con axustes, por exemplo, no aforo ou nas distancias.

Nos últimos anos as familias xa traían das casas os seus menús, sendo o Concello o que complementaba iso co reparto de churrasco e empanada. Isto vai mudar este ano.

Nesta edición, ademais de poder seguir traendo esas viandas caseiras, estase traballando na alternativa de que sexa unha pulpeira a que preste este servizo de venda de comida para os que así o prefiran.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.