A plataforma “Galiza pola Paz” convoca en Lugo unha concentración baixo lema «Galiza pola Paz, Non á guerra»

Será este domingo, 20 de marzo, ás 12 horas na Praza Maior de Lugo

A plataforma “Galiza pola Paz” formada por máis de 30 colectivos convoca unha concentración en Lugo baixo lema «Galiza pola Paz, Non á guerra» para esixir o cesamento das accións de guerra e o diálogo e a diplomacia para a resolución do conflito que está ocorrer coa invasión rusa do territorio da Ucraína.

Esta concentración celebrarase na Praza Maior de Lugo ás 12 horas do domingo 20 de marzo.

A plataforma anima a participar nesta reivindicación, manifestando o rexeitamento da invasión rusa, os desexos de paz da sociedade galega. Tamén para expresar a solidariedade da sociedade galega coas vítimas e os millóns de refuxiados e refuxiadas que está a provocar este conflito.

“Galiza pola Paz” reclama a neutralidade activa do Estado español neste conflito, a retirada inmediata das tropas españolas enviadas seguindo as directrices da OTAN aos territorios próximos ao conflito e frear o envío de armas por parte da Unión Europea.

De igual xeito, reclama o compromiso da non incorporación de Ucraína á OTAN  en consonancia cos acordos de Minsk e o recoñecemento das repúblicas populares de Donestk e Lugansk, respectando a súa vontade democrática.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.