A revista Mazarelos celebra o seu segundo aniversario coa estrea do novo número 7

Un compromiso pola historia e a cultura, tanto nas redes como na rúa.

Nesta ocasión o invitado vén dende as Illas Británicas. Matt McGunin aporta unha análise en perspectiva comparada o fútbol galego e o inglés dos anos 90 nos contextos rurais.

O fútbol galego, unha perspectiva britanica 

No persoeiro lémbrase a figura de Joaquín Pérez Dominguez, un fillo de emigrantes retornados que promoveu o deporte na súa vila natal, Fene.

Nos artigos de investigación trátanse temas como a Tiara Valquiria como exemplo da revolución que a moda sufriu nos comezos do século XX; as xuntas entre Reagan e Fraga para sincronizar unha ofensiva política da dereita no contexto da Internacional Conservadora; o monumento como mostra de poder na paisaxe urbana e a crise ecosocial dende a educación. Na entrevista participaron Margarita Ledo e Marta Pérez Pereira, traendo o cinema galego á palestra e cara onde vai.

Portada de Mazarelos, revista de historia e cultura

Por último, a asociación cultural Segredos de Pantón falou sobre a súa dinamización veciñal co obxectivo da defensa do patrimonio material e inmaterial. Todo cuberto pola capa de Julia González Yánez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *