A UDC pon en marcha axudas para incorporar ao estudantado procedente de Ucraína

A Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña pon en marcha unha liña de axudas para incorporar nas aulas ao estudantado procedente de Ucraína, financiada con fondos propios e a través de aportacións da Comisión Europea. Así mesmo, a UDC ten en marcha outras accións concretas de axudas ao alumnado ucraíno que estuda actualmente neste curso no campus coruñés, en colaboración con institucións nacionais e locais que coordinan as accións humanitarias de axuda a refuxiados

A Universidade da Coruña manifestou publicamente a súa enérxica condena á guerra iniciada por Rusia o que levou a que se recibisen, nestes últimos días, por parte da comunidade universitaria, diversas iniciativas de solidariedade. Desde a especificidade das nosas institucións académicas, centradas na formación superior e na investigación”, explica a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, “é importante atopar os mecanismos máis efectivos para facer chegar axuda ás vítimas do conflito. É preciso avaliar a situación e establecer as canles e os contactos necesarios para obter información con persoas e institucións presentes no territorio e priorizar o apoio coas ONGD e actores humanitarios fiables, que contan con profesionais formados especificamente para dito traballo e con coñecementos fundamentais para actuar nestas situacións de conflito”.

A vicerreitora lembra que hai varias ONGD da comunidade galega que están levando a cabo accións de axuda en diversos ámbitos (saúde, infancia, refuxio, acompañamento, alimentación…) nas fronteiras de Ucraína e nos seus países veciños:

  • Cruz Vermella: https://www2.cruzroja.es/web/ahora/-/cruz-roja-crisis-ucrania
  • Cáritas: https://www.caritas.es/emergencias/caritas-con-ucrania/
  • Médicos do Mundo: https://www.medicosdelmundo.org/
  • Entreculturas: https://www.entreculturas.org/es/home
  • Educo: https://www.educo.org/landing/emergencia-ucrania
  • Farmamundi: https://farmaceuticosmundi.org/solidaridad-con-ucrania/
  • Ayuda en Acción: https://colabora.ayudaenaccion.org/espana/es/emergencia-ucrania

A nivel individual, as recomendación feitas pola AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional) e a Coordinadora Española de ONGD sinalan, entre outras, a preferencia polas doazóns económicas, o que fortalece os medios e as capacidades xa existentes, empregan persoal local e mercan os materiais sobre o terreo, o que servirá para activar a economía e o emprego locais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.