A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desprazarase o vindeiro martes 15 de marzo ao centro de saúde de Foz no seu horario habitual, de 11 a 13 horas.

Esta mesa  informará a veciñas e vecinos da situación que está a vivir a Atención Primaria en todos os seus centros de saúde e particularmente no de Foz, onde a día de hoxe hai dous facultativ@s sen substituir de xeito crónico, un na quenda de mañá e outro na de tarde. A maiores destes dous profesionais sen substitut@s dun total de oito médic@s de familia, hai outro cunha reducción de xornada  que tamén está descuberta.

A  reducción de xornada da pediatra fe Foz leva anos sen cubrir.

No centro de saúde de Foz, que conta cunha pediatra con reducción de xornada sen substituir , a maiores de atender a crianzas  do Concello de Foz, aténdense  tamén a nenos e nenas de Alfoz e Valadouro. Este colectivo sanitario leva anos pedindo que se incorpore á reducción un/ha profesional que garanta a presencia de pediatra a tempo completo, a maiores de dotar do servizo a Alfoz-Valadouro.

O concello de Foz non ten matrona.

Outra das reivindicacións  históricas deste colectivo é a de dotar ao centro de saúde cunha matrona, figura indispensable na Atención Primaria e que non existe neste concello de dez mil habitantes. Esto supón un agravio comparativo respecto a outras poboacións e una discriminación para as mulleres de Foz, xa que a figura da matrona non só se ocupa do embarazo, parto e puerperio, senón que constitúe una figura de gran relevancia na saúde das mulleres, tanto na prevención e diagnóstico precoz de cancro de cérvix como na atención á saude sexual ou noutras enfermidades das mulleres como é a endometriose.

A Plataforma Sanitaria informará de todas estas eivas que amosan de xeito gráfico o desmantelamento que está a sufrir a Atención Primaria  e axudará a redactar reclamacións tanto colectivas coma individuais a quen desexe, así como ao seu rexistro. Animamos a todas as veciñas e vecinos de Foz a que se acheguen se queren reclamar una atención sanitaria digna.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.