ACiP. «O Concello de Ponteareas deixa sen traballo a 8 veciños do Municipio»

A Xunta de Galicia ven de publicar unha nova convocatoria de contratación municipal, na que o Concello de Ponteareas podería contratar ata 20 traballadores, xa que conta con máis de 100 preceptores da RISGA (Renta de Inclusión Social de Galicia), segundo os propios datos da Consellería de Política Social. O Goberno municipal en vez de axudar a incentivar o mercado de traballo, coa incorporación de 20 novos empregados seleccionados entre os nosos veciños, renuncia voluntariamente a parte deles, ao soamente solicitar 12 prazas. O máis grave do asunto, é que este tipo de contratos ao Concello non lle custa un só euro, xa que recibe o total do salario que se lles paga.

Como sinala o portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera: «falamos de traballadores que necesitan unha nova oportunidade laboral, na que o ente municipal podía xogar un papel relevante como promotor de emprego, que por capricho de BNG e PSOE quedan sen esta opción, a pesar da dificultade que teñen moitos dos casos de obter unha nova incorporación o mercado laboral».

Ademais, é necesario sinalar, que os traballadores que foron contratados o ano pasado mediante este programa, que se encontran a punto de rematar o seu contrato, levan meses reclamando unha serie de complementos, por exemplo pola perigosidade no manexo de maquinaria entre outras cuestións, que non están recibindo e que constan no Convenio Laboral do Concello de Ponteareas.

A concelleira socialista da rama, a Sra. Fernández Soage xa fai tempo que se comprometeuse a solventalo, pero o certo e que neste momento sigue negándoselles dereitos laborais, polo que pola nosa parte animámolos a que acudan a autoridade laboral competente como é a Inspección de Traballo, xa que son os seus dereitos consolidados que merecen ser pagados.

Esta é unha mostra máis do que levan denunciando as centrais sindicais do noso Concello, en canto a precariedade e falta de cumprimento do convenio por parte da propia institución pública. Este goberno de BNG e PSOE, autoproclamadas forzas de esquerdas e defensoras dos traballadores, dedícanse a realizar todo o contrario, coa posta en marcha de políticas neoliberais.

Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas solicitamos que o goberno rectifique e solicite a Xunta de Galicia o total das 20 prazas, para despois non privatizar e contratar empresas externas, con elevados contratos, que realizan tarefas que poden ser feitas por estes empregados municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.