300 tractores unidos por primeira vez na defensa e no impulso da comarca da Limia

Fai aproximadamente 8 anos un grupo de agricultores, empresarios e gandeiros puñan en funcionamento Adegal, para a representación, a reivindicación, a defensa e a xestión dos intereses da comarca.
A Limia goza dun gran potencial económico, social, laboral e medioambiental, polo que hoxe queda máis que demostrado que a Limia é unha, e UNIDOS POR PRIMEIRA VEZ, NA DEFENSA E NO IMPULSO DESTA BISBARRA, asociacións e sindicados, agricultores, gandeiros, empresarios, comerciantes e todos os veciños que apoian as nosas reivindicacións, xuntamos esforzos nun momento tan crítico como o que está a sufrir o sector primario, polo que demostramos unidade e que a nosa comarca se encontra máis viva ca nunca.
Todos os que estamos aquí vivimos unha situación extrema, que levamos denunciando e arrastrando durante moitos anos, frente a pasividade dos distintos gobernos.
A pandemia deixou de manifesto que o sector primario é pilar fundamental dun pais e que o medio rural está comprometido coa sociedade. Somos profesionais e loitamos cada día por modernizarnos e por ser máis competitivos, producindo alimentos da máxima calidade aunando o respecto ó medio ambiente.
Queremos un rural vivo e con futuro, polo que as reivindicacións conxuntas que esiximos para a rendibilidade do sectores representados son proporcionais e xustas, e entendemos que as mesmas deben executarse con premura e ser sostibles no tempo.
As liñas xerais nas que deben actuar as distintas Administracións son:
Medidas fiscais flexibles, baixada dos costes da enerxía e dos carburantes, adecuación da PAC, unha aplicación real da Lei da cadea alimentaria, controlar que as importacións cumpran as normas vixentes na Unión Europea, a posta en valor da calidade dos produtos da Limia e a súa promoción, incrementar a Superficie Agraria Útil, incremento das liñas de axudas para ampliacións e renovación das instalacións agrarias e do parque de maquinaria, Plans Hidrolóxicos adaptados ó futuro do sector agrario, e en definitiva, apoio, consenso e redución da burocracia por parte dos distintos Organismos.
A unión fai a forza, e hoxe é un día histórico para a nosa comarca.
A Limia está en pe de loita, e que este espíritu non decaia ata conseguir os obxectivos marcados, que non son outros que dignificar e poder seguir adiante coas nosas explotacións, permitindo que as xeracións vindeiras poidan vivir do noso rural.