Alumnado do CEIP Antonio Carpintero visita o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” e a Casa Consistorial

1º, 2º e 6º visitaron o Museo Arabo e 3º e 4º visitaron a Casa Consistorial
O alumnado de 1º, 2º e 6º de primaria do C.E.I.P Antonio Carpintero, acompañados polo profesorado do Centro e o alcalde do Concello de Arbo, realizaron unha visita escolar no día de onte, para coñecer o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”
Na visita o alumnado, puido coñecer o Museo, a historia da Festa da Lamprea, a pesca da Lamprea, as adegas de Arbo e os recursos que o municipio ofrece.
Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º de primaria do C.E.I.P Antonio Carpintero, acompañados polo profesorado do Centro e o alcalde, visitaban a Casa Consistorial, para coñecer o funcionamento do Concello de Arbo. Na visita o alumnado, puido coñecer as dependencias municipais, recibir información dos empregados e simular un pleno da corporación.
“Quero agradecer publicamente a visita do alumnado e a colaboración dos mestres e a dirección do centro para a realización destas actividades, destacando o bo comportamento e educación demostrado polos alumnos, que en todo momento mostráronse moi interesados e atentos”– manifesta o alcalde Horacio Gil.
O remate da visita os nenos e nenas recibiron un agasallo e un diploma pola participación na actividade.
Esta actividade organizada polo CEIP Antonio Carpintero e o Concello de Arbo, foi de gran interese para os nenos e nenas, que cheos de curiosidade non deixaban de facer preguntas.