Arrendamento do local de Abanca para la instalacion de un caixeiro en Dumbría

O alcalde de Dumbría e Abanca asinaron un contrato de arrendamento polo que o concello terá á súa disposición a planta baixa do edificio que a entidade bancaria ten en Dumbría.

Coa formalización deste contrato dasee cumprimento ao convenio asinado o 31 de marzo de 2021 entre a Xunta de Galicia e o concello de Dumbría para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos, e polo que o concello se comprometía a facilitar un espazo para a dotación dun caixeiro á entidade bancaria que resultase adxudicataria da subvención da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Mediante este contrato o concello será arrendatario do edificio, cunha superficie de 123 m2, mediante o pago dun aluguer de 200 euros mensuais.

Nos vindeiros días a entidade bancaria procederá á instalación, posta en funcionamento e mantemento dun caixeiro automático que permitirá aos habitantes do concello cubrir, entre outras, as seguintes necesidades:

  • Disposición de efectivo.
  • Reintegros
  • Consulta de saldos e movementos.
  • Pago de recibos e tributos.
  • Realización de transferencias nacionais.
  • Traspasos entre contas, para clientes.
  • Activación de tarxeta, cambio do seu PIN e do idioma co que se interactuará no caixeiro. O caixeiro incluirá como idiomas a elixir o galego, o castelán e o inglés.
  • A prestación dun servizo de asistencia financeira nas dependencias, que permita proporcionar ao habitantes do concello un nivel de servizo equivalente ao dunha oficina bancaria convencional, como o asesoramento en produtos e servizos financeiros, contratación de operacións de activo ou pasivo, etc., agás a prestación do servizo de caixa.
  • A prestación dun servizo de formación financeira e banca electrónica nas dependencias, que permita aos habitantes do concello adquirir as nocións básicas para aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *