Arroxo mantivo un encontro cun grupo de estudantes de Erasmus procedentes de Italia e Portugal

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, mantivo un encontro cun grupo de estudantes de Erasmus procedentes de Italia e Portugal, que realizaron unha visita turística pola cidade, onde visitaron novos espazos peonís como a rúa Quiroga Ballesteros ou a praza da Mosqueira
Arroxo deu a benvida aos estudantes de Erasmus e animounos a visitar Lugo máis adiante, e destacou o «cambio histórico» que está a acontecer na cidade coas distintas medidas postas en marcha pola área de Mobilidade destinadas a «mellorar a calidade de vida da veciñanza aumentando o número de zonas peonís e de espazos para o desfrute das persoas».
Rubén Arroxo afirmou que «Lugo conta cunha gran riqueza patrmonial, etnográfica, cultural e gastronómica, que nos converten nun sitio ideal para visitar sen sufrir as grandes masificacións de outras zonas turísticas», e engadiu «as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía traballamos para destacar o potencial de Lugo e converternos nunha cidade referencial á hora de visitar Galiza».