As Neves pagou as axudas pola pandemia a pequenas empresas, comercios e locais de hostalaría

Aprobáronse todas as solicitudes, agás unha, por importes individuais que, na súa maioría, achéganse aos 3.000 euros

O Concello das Neves xa pagou as achegas a pequenas empresas e locais de hostalería e comercio, correspondentes ás axudas aos sectores máis castigados pola pandemia.

O Goberno local aprobou todas as solicitudes presentadas, doce- agás unha que non cumpriu cos requisitos- por importes que van dende 969,55 a 2.985,53€.

O total dispoñible para este convocatoria era de 27.456,18€, dos que 11.197,31 corresponden á cantidade adicional destinada, ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, para o financiamento destas axudas pola situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID, e 16.258,87€, correpondían á cantidade asignada da Liña 1, e realizouse con cargo a cargo ao orzamento do Concello de As Neves do exercicio 2021, unha vez xerado o crédito correspondente á subvención da Deputación.

Dende o Goberno municipal sublíñase o esforzo realizado para poder realizar o pago destas axudas e o feito de que prácticamente o cen por cen das solicitudes presentadas fosen atendidas realizando achegas individuais que na súa maioría achéganse aos 3.000€, cantidade que supera a destinada por moitos concellos de maior tamaño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.