As traballadoras e traballadores do sector da conserva de peixe están rexeitando masivamente o acordo de convenio a que chegaron UGT e CIG

 Así o explicaron esta mañá responsables de CCOO-Industria, quen informaron do resultado das votacións en urna realizadas nos últimos días nas principais empresas. Nas asembleas e votacións, organizadas por CCOO, puideron participar todas as traballadoras e traballadores que así o quixesen, non só as persoas afiliadas a este sindicato.

Na comarca do Barbanza exerceron o dereito ao voto case 800 persoas —a cuarta parte do total—, cun resultado de máis do 99 % contra o acordo. En grandes empresas situadas noutras comarcas o resultado foi similar, caso de Lago Paganini (Cangas do Morrazo), Bolton Food (O Grove) ou Real Conservera Española (Cambados).

O sindicato, que seguirá realizando votacións noutros centros de traballo, reafírmase cos resultados na súas liñas vermellas a defensa da equiparación salarial entre mulleres e homes —que non se vai poder lograr xamais co texto pactado por UGT e CIG— e o rexeitamento ao cuarto turno —un instrumento introducido pola patronal no preacordo do convenio para empeorar as condicións laborais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.