CCOO e UGT denuncian a actitude do Xefe dá Policía Local de Ferrol

A representación sindical de CCOO e UGT, no Concello de Ferrol, queren poñer en coñecemento da opinión publica o xeito de organizar a Policía Local por parte do Xefe do Corpo, escapando das normas establecidas e ao marxe da negociación colectiva e o orde establecido para o persoal do Concello.

O Xefe do corpo da Policía Local está a aplicar criterios en contra dá legalidade vixente e mesmo contrarios aos acordos internos, aplicados dende fai anos. Isto repercute na xestión do persoal, concesión de días libres e demáis dereitos.

A reorganización recentemente levada a cabo polo Xefe de maneira unilateral, ven de causar graves perxuizos económicos para algúns traballadores, polo que o persoal afectado está profundamente enoxado xa que previamente da actuación arbitraria do xefe foi advertido tanto verbalmente coma por escrito da necesidade de usar o porcedemento estabkecido que pasa pola negoación colectiva ao verse afectado as condicións laborais dos/as policías.

O concelleiro Germán Castrillón foi informado xa fai tempo nunha reunión e a súa resposta foi non facer nada e mirar para outro lado polo que o problema persiste e se agraba. Consideramos que este Concelleiro ao avalar cos seus silencios as practicas do Xefe de Policía, non apoia os dereitos básicos do conxunto dos traballadores e tan só preocúpase do órgano de Xefatura. Fai tempo que a representación sindical perdeu a confianza na súa xestión.

Porén estes sindicatos confían na xestión do Alcalde, como máximo responsable dá Policía Local, para reconducir a situación e non seguir a tendencia actual posto que foi informado por escrito e é consciente dá falta de legalidade das actuacións do Xefe de Policía-

De non reconducir a situación de maneira rápida e retornar a o estado de legalidade, se seguirán a denunciar as situacións que se veñan observando e se iniciaran la acción sindical precisa para que a negociación e o dialogo volva a presidir as relacións laborais no Concello de Ferrol.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.