CCOO esixe solucións ao peche da piscina olímpica Rías do Sur de Pontevedra

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO esixe solucións ao peche da piscina olímpica de Pontevedra. As instalacións, propiedade da Fundación Rías do Sur e xestionadas pola empresa Supera, pecharon as portas o pasado 11 de marzo, aducindo a concesionaria o elevado custo da electricidade.

Pola súa parte, ao persoal aplicóuselle un ERTE que o sindicato cuestiona, xa que é un «ERTE covid en vez dun ETOP, que sería o axeitado para as causas técnicas e produtivas».
O sindicato, que apoia os traballadores e as traballadoras nas súas reivindicacións, urxe á toma de decisións e non descarta ningunha vía, nin sequera a rescisión do contrato por parte da propietaria das instalacións.

O tempo é un «factor clave», xa que os ERTE ligados á covid rematan a súa vixencia a partir do 31 de marzo.
CCOO insta a empresa Supera —que tomou a mesma decisión con outras instalacións deportivas que xestiona no resto do Estado— a reconsiderar a súa decisión e «a cumprir os compromisos adquiridos en relación cos traballadores e as traballadoras, cos clubes deportivos e coas persoas usuarias».
Por último, CCOO critica a falta de investimento nas instalacións do Centro Deportivo Rías do Sur, obsoletas e ineficientes desde o punto de vista enerxético, «ata o punto de comprometer a súa viabilidade», subliña o sindicato

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.