Cine, teatro, maxia e exposicións na programación cultural de Vilalba ata maio

O Concello de Vilalba presentou hoxe a súa programación cultural para os meses de marzo, abril e maio, con actividades para todas as idades, espectáculos de diferentes xéneros e un concerto solidario a favor do pobo ucraíno
“No concello apostamos durante a pandemia pola cultura segura, mantendo diferentes eventos a pesares das limitacións para apoiar o sector; agora, podemos afortunadamente ir recuperando a normalidade e os aforos habituais cunha variada programación”, explica Vanesa Siso, concelleira de Cultura.
O primero acto previsto será a presentación do libro ‘Conversas arredor de Xorima’, de Paulo Naseiro, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos para o próximo día 19 de marzo ás 20:00 horas no auditorio. Incluirá unha breve actuación musical deste grupo de folk. O domingo 20 realizarase a actuación de María Balteira, dirixida a un público infantil.
Nas semanas seguintes, haberá espazo para a música, con actuacións como a de Mercedes Peón, Aba Taano e unha gala lírica con Borja Quiza e Daniel Muñoz; teatro, con ‘Cigarreiras’ ou ‘Dreaming Juliet’, danza coa proposta «Demente», e cine, coas proxeccións das longametraxes finalista nos Premios Mestre Mateo 2022, en colaboración coa Academia de Cine Galego, o IESCHA e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O 8 de abril, Vilalba acollerá o ‘Show internacional de maxia. Benvidos a Magicians’, da man de Arkadio & Solange, dous magos que forman unha sensacional parella artística e ofrecerán un espectáculo para todos os públicos.
O concerto solidario a favor do pobo ucraíno será o 29 de marzo ás 18:00 horas no auditorio municipal, coa colaboración de entidades e grupos locais. O prezo das entradas será de 5 euros e a recadación donarase a Cruz Vermella.
A programación inclúe tamén, o sábado 9 de abril, a presentación do libro ‘Retorno sen volta’, de Xosé Lastra, gañador do XLVII premio do certame literario do Concello de Vilalba.
PROGRAMACIÓN MARZO-ABRIL-MAIO 2022
Sábado, 19 de marzo
Conversas Arredor de Xorima.
20 h
Auditorio Municipal
Conversas arredor de Xorima
Presentación do libro “Conversas arredor de Xorima”, de Paulo Naseiro, que describe a xénese e a traxectoria do grupo Xorima até converterse nun referente do folk galego nos anos 80 a través de conversas cos membros do grupo e con persoas relevantes da súa historia.
O libro está enmarcado no Proxecto Xorima, un proxecto transmedia en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos para homenaxear e reivindicar a importancia deste grupo a través de distintos medios e plataformas.
O acto contará cunha breve actuación musical de Xorima.
*Teñen validez as entradas xa adquiridas para o concerto adiado en decembro.
Domingo, 20 de marzo
María Balteira
18h Entrada de balde
Auditorio Municipal
Teatro / danza / música
DURACIÓN 45 minutos
IDADE RECOMENDADA Público familiar (recomendado 3 a 9 anos)
María Balteira, a bailadora primeira é un espectáculo que estimula nas crianzas o gusto e a curiosidade polo baile tradicional galego o tempo que achega os nenos e nenas ao Medievo, un momento chave para a lingua galego-portuguesa e da a coñecer, a través dunha obra de fición, a tres das figuras importantes da Idade Media en Galicia e Portugal, como son: O rei Afonso X o Sabio, o trovador Pedro Amigo e a máis famosa soldadeira, María Balteira.
Inculca o respecto pola natureza e a súa importancia para as nosas vidas por medio do Bosque das Artes que cultiva o Rei Sabio.
SINOPSE
Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e danza ambientada no Medievo.
O Rei Sabio vive no Bosque das Artes, onde cultiva a música, a poesía e o teatro; pero algo non vai ben: Nunha parte do seu bosque as plantas e as árbores non medran como deberían.
Pedro Amigo é mestre de música, e María Balteira a súa alumna, pero María soña con bailar. Un día cóntalle os seus soños a Pedro, este fica abraiado co xeito de bailar de María e pídelle que lle ensine a bailar.
A fama da bailadora María Balteira chega a oídos do Rei Sabio que lle escribe unha carta pedíndolle axuda para que o seu Bosque das Artes medre florido e fermoso.
Venres, 25 de marzo
“Cigarreiras”
20:30 horas Prezo: 3,00€
Auditorio Municipal
Baseado en La Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrxica audaz que, con sete actrices en escena, conxuga o tono propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.
Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola
- Escenografía: Dani Trillo
- Vestiario: Martina Cambeiro
- Iluminación: Afonso Castro
- Deseño espazo musical: Manuel Riveiro
- Adaptación e dirección: Cándido Pazó
- Produción executiva: Belén Pichel
- Deseño gráfico:Planb Estudio
- Técnicos en xira: Afonso Castro, Miguel Cabaleiro e Raúl Giraldo
Sábado, 26 de marzo
“SÁBADOS DE CINE” . Premios Mestre Mateo 2022
Longametraxe gañadora
20:00 horas Entrada de balde
Auditorio Municipal
A cargo da Academia Cine + IESCHA
Domingo, 27 de marzo
CONCERTO SOLIDARIO A FAVOR DO POBO UCRAÍNO
18 horas Prezo: 5,00 € (A recadación das entradas donarase a Cruz Vermella)
Auditorio Municipal
Coa colaboración de entidades e grupos locais
Venres, do 1 de abril
Fixe Trío
20:30 h Prezo: 3,00€
Auditorio Municipal
Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados por este trío musical que consegue ter un son propio.
Este proxecto nace da vontade de xerar un espazo onde poder expresar inquedanzas e desexos a través da música. Veñen de ámbitos culturais diversos e comparten a idea da música como canle de expresión e comunicación libre e transgresora.
Sábado, 2 de abril (Feira do Queixo )
MERCEDES PEÓN, Xira Ingrávida
20h Prezo: 8,00€
Auditorio Municipal
Despois de 20 anos da estrea do seu primeiro disco, Isué, Mercedes Peón ofrece esta xira percorrendo temas dos seus cinco discos editados en solitario, chea das influencias das recollidas de campo que fixo durante 25 anos polas aldeas, dos traballos cinematográficos ou para danza. Este concerto está acompañado polos grupos de pandereteiras Raigañas, Xirifeiras, por voces de ConcertoTempo, polo dúo Caamaño& Ameixeiras, Mónica de Nut e Ana Fernández. Dacabalo entre o acústico e a electrónica, Xira Ingrávida é unha festa de celebración desta efeméride e unha homenaxe á persistencia da creación colectiva, que é unha maneira de mirar o mundo.
Elenco: Mercedes Peón, Mónica Denut, Ana Fernández + colaboracións ( tocadoras de Raigañas e cantantes de Concertotempo)
Elenco: Mercedes Peón, Mónica Denut, Ana Fernández + colaboraciones (tocadoras de Raigañas y cantantes de Concertotempo)
Domindo, 3 de abril
OS TRES PORQUIÑOS
17:00 h Prezo: 3,00 €
Auditorio Municipal
Obra musical con cancións en directo
Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a gura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.
Venres, 8 de abril
THE MAGICIANS
18 horas Prezo: 3,00 €
Auditorio Municipal
Crías velo todo? Show internacional de maxia. Benvidos a Magicians: Un show internacional proveniente de Portugal que nos presentan Arkadio& Solange, dous magos que forman unha sensacional parella artística.
Magicians é un espectáculo para todos os públicos onde os nosos Magos ofrecen un show de maxia moi persoal.
Disfuta destes dous fantásticos artistas que mesturan manipulación e grandes ilusións sen esquecer a especial participación do público no escenario.
Solange Kardinaly: É unha moza Ilusionista e cantante portuguesa que pertence á 3ª xeración de ilusionistas. A súa potente voz e o seu gran talento como ilusionista converten as súas actuacións en algo único e orixinal deixando ao espectador verdadeiramente sorprendido cando a ve no escenario. En 2018 Solange foi galardoada como meiga do ano en Portugal e a primeira muller gañadora do 1º premio de maxia Almussafes Magic (España).
Arkadio: Artista multidisciplinar que domina unha das categorías máis difícil da maxia, “a manipulación”, disciplina que lle levou a conseguir premios como A Varita de Ouro de Montecarlo, Mandrakes d´ or (París) ou o premio nacional de España e Francia.
Sábado, 9 de abril
PRESENTACIÓN DO LIBRO “RETORNO SEN VOLTA”, DE XOSÉ LASTRA MURUAIS, GAÑADOR DO XLVII PREMIO DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA
12 horas
Casa da Cultura
Domingo, 10 de abril
Aba TAANO. Quinteto vocal a cappella
La alegría de África
19 horas Prezo: 10 €
Auditorio Municipal
Cinco voces cálidas, catro mozos e unha moza cheos de humor, alegría e dinamismo. Cantos a cappella, escenificados, movidos, amenos. Cantan góspel africano, moito góspel zulú, pero fan tamén incursións en canto étnicos e pop. Os seus compoñentes residen normalmente en Uganda e viaxan regularmente a Europa para poder cantar en numerosos escenarios.
www.musicaparasalvarvidas.org
Presidenta de Música para salvar vidas.
Xoves, 14 de abril
Gala lírica con Borja Quiza y Daniel Muñoz
Orquestra GAOS
20 horas Prezo: 3,00 €
Auditorio Municipal
Sábado, 16 de abril
“SÁBADOS DE CINE” . Premios Mestre Mateo 2022
Longametraxe finalista
20h Entrada de balde
Auditorio Municipal
A cargo da Academia Cine + IESCHA
Domingo, 17 de abril
Tras os Vieiros
18 h horas Entrada de balde
Auditorio Municipal
Programa FalaRedes. Secretaría Xeral de Política Lingüística
Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio D. Gurriarán chega a casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín de visitador Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión véndose a si mesmo como unha especie de Ulises. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.
FICHA TÉCNICA Autor dos textos: Florencio Delgado Gurriarán Dramaturxia: Inacio Vilariño Escenografía e posta en escena: Inacio Vilariño Sonoplastia: Temas do “Cancionero Gallego” de Bal y Gay e do folclore mexicano interpretados e gabados por Antonio Bravo Actor: Inacio Vilariño no papel de Florencio D. Gurriarán. Espacio escénico: 4m de boca x 2m de fondo x 2,5m de alto
Público adulto
Programa FalaRedes. Secretaría Xeral de Política Lingüística
Venres, 29 de abril
Dreaming Juliet
20:30h Entrada de balde
Auditorio Municipal
DREAMING JULIET inspírase en “Romeo e Julieta” de William Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: O Amor. Cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza, DREAMING JULIET crea unha poética universal da paixón. Na peza orixinal, os protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado polas familias de ambos. A súa intensa relación ten unha curta duración e un funesto final. Agora imaxinemos que Romeo e Julieta non morresen e que o principal obstáculo á súa relación non fose a oposición das súas familias se non as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo. Cales serían os soños de Julieta? Como envellecería Romeo? Que lugar nas súas vidas permanecería dispoñible para o amor? O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varía entre a abstracción do movemento bailado e a construción cronolóxica da trama teatral. O corpo contén en se mesmo todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidad do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario.
Venres, 6 de maio
HIPNOANAUTAS
19 horas Prezo: 3,00€
Auditorio Municipal
Espectáculo de hipnose coa participación do público O único espectáculo de hipnosis onde o público elixe e fai realidade os seus soños.Os Hipnonautas é un espectáculo de Hipnosis 100% real con participación do público. O que fai diferente aos Hipnonautas doutros shows de hipnosis é que lle damos ao espectador a oportunidade de elixir o tipo de experiencias oníricas que se van a realizar. Desta maneira a xente esta máis motivada a participar e convértense en auténticos viaxeiros dos soños. Imaxina que puideses controlar o teu soños, Que che gustaría que pasase neles? Gañar un concurso de talentos e converterche nunha estrela de rock e cantar fronte a millóns de persoas. Ser parte da tripulación dunha misión a Marte, viaxar ao espazo e sentir a ingravidez e ata falar con seres extraterrestres. Volver sentirche como un neno de 5 anos onde a túa única obrigación é divertirche. Ter superpoderes, mover obxectos coa mente, ler os pensamentos , deter o tempo, ser invisible e ata voar. Todo isto é o que pode suceder nos Hipnonautas e o mellor é que cada espectáculo único e irrepetible porque os auténticos protagonistas son os mesmos espectadores e a súa imaxinación.
Venres, 13 de maio
LO MEJOR DE LA ZARZUELA
20:30 horas Prezo: 3,00€
Auditorio Municipal
Música
Coa soprano Guiomar Cantó e o tenor Rodolfo Albero, acompañados dos pianista Manuel Ariza
Auditorio Municipal
Sábado,14 de maio
DEMENTE, Fran Sieira
20 horas Prezo: 5,00€
Auditorio Municipal
«Demente», é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración. O seu elenco está composto por oito bailadoras e bailadores, acompañados de a música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto desenvólvese dentro de un marco escénico e cun vestiario deseñado por Carlos Alonso Alonso, xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.
https://fransieira.com/es/que-es-demente/
Domingo,15 de maio
Longametraxe finalista
Auditorio Municipal
20h Entrada de balde
A cargo da Academia Cine + IESCHA
EXPOSICIÓNS :
Ata o 31 de marzo
Exposición “Rosalianas» de Viki rivadulla.
Sala de exposicións do Auditorio Municipal
Do 1 de abril ao 30 de abril
Exposición fotográfica «Xeitos» do grupo Bazán.
Sala de exposicións da Casa da Cultura
Do 25 de abril ao 29 de maio
Exposición “A memoria do son”
Deputación de Lugo.
Sala de exposicións do Auditorio Municipal