Comeza a renovación do treito final da rúa da Industria no Ceao

Rubén Arroxo: «Realizamos unha intervención importante que permitirá rematar a renovación desta rúa, avanzando na mellora do estado das áreas industriais de Lugo»

O Tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, persoal técnico municipal e da empresa responsábel visitaron esta mañá a rúa da Industria, no polígono do Ceao, onde a área de Infraestruturas do Goberno de Lugo está a levar adiante a renovación do treito final. Rubén Arroxo explicou que «esta é unha intervención importante que nos permitirá rematar a renovación desta rúa e continuar a mellorar o estado das zonas industriais de Lugo».

Rubén Arroxo afirmou que «con esta intervención melloraremos a accesibilidade da zona e os servizos existentes, ademais de integrar este treito da rúa coa imaxe da contorna».

«Con esta actuación melloraremos tanto a estrada, que se atopa nun avanzado estado de desgaste debido á densidade de tráfico que soporta, creando novas prazas de estacionamento e zonas que permitan mellorar a maniobrabilidade dos camións», explicou o Tenente Alcalde, que engadiu «renovarase tamén a beirarrúa e as canalizacións actuais, eliminando o fibrocemento».

Os traballos planificados polo Goberno de Lugo realizaranse tamén na rede de alcantarillado, coa colocación de novos sumidoiros, e renovarase ao mesmo tempo a sinalización horizontal e vertical.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.