Comezan as obras de mellora en 9 parques infantís da Coruña

O consistorio renovou 18 parques neste mandato e leva investivos máis de 1,3 millóns de euros en melloras en ditas instalacións

O Concello da Coruña está a acometer traballos de mellora en nove parques infantís da cidade, dentro do plan de mellora de ditas instalacións que está a levar a cabo o Goberno de Inés Rey.

Concretamente, estase actuando na renovación do caucho dos parques das Lagoas, A Cubela, Oza, Monasteiro de Cines e Orquideas. Por outra banda, tamén se están facendo labores de adecuación do pavimento nas zonas infantís da praza Elíptica, do paseo das Pontes, da praza de Portugal e da praza do Parque. Estes traballos consisten no incremento do espesor do caucho e realízanse no propio parque, polo que algúns dos xogos permanecen estes días pechados. Posteriormente, aplicarase unha segunda capa de caucho, que será a que engada a cor e o debuxo do conxunto.

Estes traballos forman parte do compromiso do Goberno municipal co bo estado dos parques infantís. Na actualidade existen 138 áreas para nenos e nenas na cidade, que son inspeccionadas periodicamente por persoal técnico do Concello co fin de garantir o seu correcto mantemento e de implantar melloras.

Plan integran de mellora de parques infantís

O Concello conta cun plan de renovación integral dos espazos de lecer para nenos e nenas, que foi impulsado polo Goberno de Inés Rey. Esta estratexia foi anunciada o pasado mes de xuño do 2021 pola alcaldesa, e ten como obxectivo que os 139 parques infantís teñan unha mellor accesibilidade e estean nas mellores condicións. Este plan tamén busca dotar a todos os barrios da Coruña destes espazos modernos, seguros e accesibles. Para conseguilo, o Concello asinou un convenio coa Fundación Abrente para que asesore aos técnicos en materia de accesibilidade.

O Concello da Coruña leva investidos no que vai de mandato máis de 1,3 millóns de euros no mantemento e mellora das zonas de xogo para nenas e nenos. Nestes últimos meses acometéronse traballos no parque de Oza, no de Santa Margarida e no de dos Xardíns de Méndez Núñez. Tamén estase actuando nos parques da praza de San Xaime, na Sagrada Familia, e no parque de Berta Tapia, en Labañou. Desde o inicio do mandato renováronse 18 parques infantís, creáronse dous novos, os de Breogán e A Zapateira, e rematáronse as obras do novo parque de San Vicente de Elviña.

Cabe destacar tamén a instalación do primeiro carrusel integrador que hai na cidade, en Méndez Núñez. Trátase dunha estrutura que pode ser usada por persoas en cadeira de rodas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.