Confirman a falsedade das cifras da pretendida “restauración integral” de augas da mina de Touro anunciada por Cobre San Rafael

As grabacións do encontro municipal do pasado día 18 no Concello de Touro confirman que o proxecto de drenaxe publicitado pola mineira o pasado 10 de marzo depende únicamente da mercantil Explotaciones Gallegas, non coincide co anuncio da empresa extractiva e só aporta ao Concello 762 euros en concepto de imposto sobre construccións, instalacións e obras

Isto é diametralmente oposto ao anuncio realizado por Cobre San Rafael e a súa pretendida “rehabilitación integral” de augas cun suposto investimento de 1,9 millóns de euros cando en realidade o desembolso é de Explotaciones Gallegas S.L. e a cifra exacta é en realidade de 38.146 euros, o que equipara os traballos a unha obra de saneamento de carácter menor a nivel municipal, moi lonxe da actuación a gran escala publicitada pola mineira.

Deste xeito o anuncio de que a empresa asume un proxecto millonario “como parte do seu compromiso pola contorna e como unha aposta pola sostenibilidade” quédase en puro fume, máis tendo en conta que o citado proxecto de “restauración integral” de augas deixa fóra extensas zonas de canles e marxes fluviais onde se acumulan millóns de toneladas de lodos de arrastre contaminados por metais pesados procedentes da antiga mina de cobre.

A AUTORIDADE MUNICIPAL CERTIFICA AS ACTUACIÓNS DE TEN S.L. Á MARXE DA LEGALIDADE

Doutra banda, a Plataforma veciñal Cornado Mina Non non pode menos que mostrar o seu rexeitamento ás actuacións da empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste S.L., tamén vinculada á mercantil Explotaciones Gallegas, pois a raiz do pleno municipal celebrado este 18 de marzo ven de acreditarse que logo da inspección por parte da Administración local que na actualidade a planta de TEN S.L. atópase nunha situación de ilegalidade urbanística ao constatarse que parte das súas instalacións seguen a carecer da preceptiva licenza de operación.

Esta situación de irregular levou ao Concello a incoar expediente de reposición de legalidade urbanística (código 2022/G003/000029) e forza á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, órgano competente na autorización ambiental integrada baixo a que opera TEN S.L., a actuar e adoptar medidas cautelares para que a mercantil deixe de operar á marxe da legalidade.

Nestas circunstancias TEN, cunhas instalacións que moitas veciñas e veciños da comarca de Arzúa califican como “o maior váter de Galicia” polos prexuizos causados a poboación cos seus contínuos cheiros e emisións contaminantes ao tratarse segundo o seu propios datos como o “maior xestor” de lodos de depuradora, é como está a tramitar a renovación e modificación unha autorización ambiental integrada coa que pretende duplicar na práctica a súa capacidade de recepción de residuos. Sen embargo, o decreto que confirma a situación de ilegalidade urbanística operativa é incompatible coa autorización por parte do órgano de control ambiental dado que a Lei 6/21, de residuos e solos contaminados de Galicia no seu artigo 33 (Causas de denegación da solicitude de autorización) confirma que esta non é posible “cando as instalacións non fosen executadas de acordo cos proxectos técnicos presentados”.

Foto portada: Ducias de quilómetros de cursos fluviais da Comarca de Arzúa están gravemente contaminados pola actividade da mina de Touro / Cornado Mina Non / Cornado Mina Non

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.