Pablo Rivas convertése no presidente local do PP máis xove da provincia

Pablo Rivas vén de ser proclamado presidente do PP de Portomarín. O actual rexedor, que recolle o relevo do ex alcalde Juan Serrano, convértese tamén no dirixente dunha agrupación local máis xove da provincia, e faino agardando “consolidar o traballo do PP durante os últimos anos cun alcalde que foi, indicou, un exemplo para min”. Tal é así que Juan Serrano, destacou, “se merece ser o presidente de honra. Creo que non pode ser doutro xeito”, indicou.
Malia a súa xuventude (32 anos), que o fai ser o alcalde de menor idade de Lugo, Pablo Rivas xa ten experiencia en política, ao ser tenente de alcalde ata que o seu predecesor decidiu deixar a alcaldía. “Comprométome a traballar para seguir facendo de Portomarín un concello referente para a provincia. Somos paso do Camiño; estamos na Ribeira Sacra e temos un potencial turístico-económico que temos que seguir impulsando. Asumo este cometido cunha enorme responsabilidade e dende a humildade que debe existir nun proceso deste tipo. Conto con grandes compañeiros e cun gran mestre de honra”, afirmou.
O novo presidente estivo arroupado pola presidenta provincial, Elena Candia, os secretarios xeral e de organización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, así como polo coordinador xeral, José Manuel Balseiro, e alcaldes de municipios limítrofes, entre outros cargos populares.
“Agradezo o compromiso de Pablo. Combina xuventude e experiencia en política polo que creo que é o futuro de Portomarín”. A este respecto, e en relación á executiva continuou Candia: “creo que se rodeou de grandes persoas, con gran valía política e vontade de traballo”.
A presidenta provincial tamén tivo palabras de agradecemento para o predecesor no cargo. “De Juan o PP sempre recibiu colaboración, traballo, lealdade e compromiso. Soubo entender e aplicar dende o primeiro momento a filosofía que dende a constancia e a perseverancia se saca todo e, se hoxe Portomarín é un pobo ao que sempre paga a pena vir, é grazas a ese traballo incondicional”.
Executiva ao completo
A executiva que resultou elixida é a seguinte: Pablo Rivas, presidente; Juan Serrano, presidente de honra; José Manuel López, secretario xeral; vicesecretario de xuventude e deporte, Víctor Manuel Vidal; vicesecretario de infancia e igualdade, Ana Isabel Rivera Fente