Mina Non. «Novo varapalo para Cobre San Rafael»

  • A mineira de Touro non deixa de recibir reveses por parte da Administración.
  • A Xunta de Galicia desestima o recurso de reposición presentado por Cobre San Rafael fronte á resolución negativa do proxecto para extraer cobre a ceo aberto e do plan de restauración, presentados ante o departamento de minas en marzo de 2017.

 Á resolución denegando a mina de Touro ditouse en febrero de 2021 fundamentada na inviabilidade medioambiental do proxecto mineiro manifestada na DIA negativa de xaneiro do 2020, únese un novo acontecemento en 2022,  que nos acaba de comunicar a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación,  que vén de resolver o recurso de reposición presentado por Cobre San Rafael fronte á resolución negativa do proxecto para extraer cobre a ceo aberto e do plan de restauración, presentados ante o departamento de minas en marzo de 2017.

Entre os argumentos que a mineira exponía non dudaba en acusar incluso á Autoridade Ambiental de actuar de xeito arbitrario e incurrindo en vicio de anulabilidade por non tomar en consideración documentación que a empresa enviara fóra de prazo, ao que engadían a acusación de facer unha interpretación sesgada dos informes técnicos de Patrimonio Natural e Augas de Galicia, decisivos na resolución negativa do proxecto.

Tal e como recolle a resolución deste recurso recibido, a Xerfatura Territorial da Coruña solicitou informe á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e diversos particulares, asociación, sindicatos e cooperativas presentaron escritos de alegacións a ese recurso da empresa que pretendía a anulación da Resolución denegatoria do proxecto cuestionando os argumentos expostos na DIA, sendo esta unha declaración vinculante para o órgano de competencia sustantiva, tratando así de rebatir inútilmente unha decisión que por lei e numerosas sentencias así o corroboran, das que dan boa conta no documento que estamos recibindo estes días moitos veciños e veciñas que nos personamos no expediente.

Lémbralle a Administración a Cobre San Rafael que no expediente existe material probatorio máis que suficiente para acreditar a legalidade da resolución impugnada e así consta no procedemento que garanten o acerto dos pronunciamentos contidos no acto obxecto recurso, e a especial transcendencia para os efectos probatorios que ten a DIA de 28 de xaneiro de 2020 negativa, ao provir do órgano administrativo técnicamente especializado en materia ambiental.

Do escrito de recurso de Cobre San Rafael dedúcese un claro interés da mineira por alongar o máximo posible os prazos, querendo estender no tempo a súa presencia en Touro e O Pino para seguir tentando acadar unha inexistente licenza social a calquera proxecto mineiro, non escatimando en gastos no patrocinio de toda clase de actividades alleas ao seu fin empresarial, sin que se lles coñeza actividade algunha que lle reporte ingresos.

Poderíase decirse que en Huelva traballan e en Galicia gastan.

Amparándose no récord de beneficios acadados na mina que opera en Huelva, Atalaya Mining segue facendo creer aos inversores de que o de Touro é un proxecto vivo en liña coas mellores prácticas internacionais, máis, con todo, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación desestima o recurso da mineira e confirma a legalidade da resolución negativa dando por terceira vez carpetazo a este intento valdío.

Mentras tanto, a empresa segue a facer patrocinios e aparentar solvencia, vivindo a conta dos beneficios de Huelva, tentando que e  a veciñanza e a opinión pública crea nun proxecto inexistente. Facendo ver que están levando a cabo un proxecto integral de rexeneración das augas, cando Augas de Galicia aínda non resolveu o expediente de proxecto integral, obras que, ademáis, non corresponden a Cobre San Rafael, senón Explotaciones Gallegas, derivadas dun requerimento feito hai xa máis de tres anos pola Xefatura Territorial da Coruña fruto dun acta de inspección polas as múltiples denuncias veciñais da existencia de drenaxe ácida de mina ás augas de dominio público hidraúlico.

Unha vez resolto negativamente o recurso de reposición, á promotora so lle cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses. Permaneceremos atentos aos próximos pasos da mineira.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.