Cristina López presenta as actividades de primavera no Cemiterio Municipal de Lugo

As actividades comezan o 19 de marzo coa celebración do día do pai, e esténdense até xuño

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, deu conta das actividades que acollerá o Cemiterio Municipal nos vindeiros meses para «achegar o noso patrimonio artístico, arquitectónico e histórico». «O noso cemiterio é un lugar fermoso, cheo de cultura e historia, cun contido cheo de arte funerario de gran beleza», afirmou Cristina López.

As actividades comezarán na mañá do vindeiro día 19, a partir das 13h, coa celebración do día do pai, cunha actividade a cargo da Escola Palimoco de Teatro.

Os días 24 de abril, 22 de maio e o 19 de xuño, a compañía Achádego Teatro retomará a celebración das visitas teatralizadas no cemiterio, «un éxito de asistencia entre a veciñanza cada vez que se realizan», afirmou a concelleira de Participación.

O 1 de maio, a Escola Palimoco de Teatro e Danza organizará unha celebración polo día da nai, e o 29 de maio a partir das 20 horas, o cemiterio acollerá a representación do Estudio Teatral de Lorca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.