«II Xornada Peregrina» por terras de Celanova

Ligada á festividade de San Rosendo (día 1 de marzo) a Asociación Amigos do Camiño de San Rosendo e da  Rainha Santa, en colaboración cos Concellos de Celanova e Verea, organizou  a «II Xornada Peregrina» co obxectivo de seguir promovendo este itinerario de peregrinación a Compostela.

O acto consistiu nunha andaina guiada de 12 kilómetros dende o Alto do Vieiro ata Celanova, pasando por terras de Verea, e que contou con ao redor de medio centear de camiñantes da comarca e tamén do outro lado da raia.

Tras o remate da camiñada, na Praza Maior de Celanova, e grazas a colaboración da Fundación Curros Enríquez, participantes e visitantes puideron ver o exemplar orixinal de 1610 “Historia del apóstol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo patrón y capitán general de las Españas” escrito polo celanovés Mauro Castellá Ferrer. Antonio Piñeiro, membro desta asociación e secretario da Fundación Curros Enríquez, ofreceu unha pequena visión sobre a importancia deste exemplar relacionado co Camiño que se está a reivindicar, a figura de Mauro Castellá Ferrer, ademais dunha aproximación á figura de San Torcuato, un dos discípulos do apóstolo Santiago cuxas reliquias presiden o altar maior de Celanova despois do seu traslado dende Santa Comba de Bande.

A firma do protocolo de colaboración por parte dos concellos ourensáns por onde discorre o Camiño foi o broche final á xornada.

ASOCIACIÓN

Dende a Asociación ACSRRS estamos a traballar, seguindo o camiño que con anterioridade lideraron asociacións, institucións e particulares, na difusión desta vía de peregrinación con diferentes accións promocionais e de información. Destaca a creación da nosa páxina web http://caminodesanrosendo.org, así como a recente declaración oficial deste itinerario por parte da igrexa. Un recoñecemento polo que tamén aposta a Xunta de Galicia, que incluíu este roteiro no estudo para a evolución e recoñecemento de novos camiños oficiais encargado ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.