Impulso ás bonificacións fiscais para a instalación de sistemas de aproveitamento solar en Guitiriz

Esta medida implica a redución do IBI nun 50% durante 5 anos e o ICIO nun 50%

O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz impulsou no pleno municipal unha proposta para aplicar unha redución dos impostos municipais e fomentar a instalación de sistemas de aproveitamento solar.

En concreto, a medida propón bonificar o Imposto de Bens Inmobles (IBI)  nun 50% durante 5 anos e o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) nun 50%.

“Esta medida pretende fomentar o autoconsumo enerxético e aliviar o custo económico que supón a instalación destes sistemas” sinalou o concelleiro do BNG, Xosé Lois González “Pereira”

O concelleiro do BNG engadiu “a instalación de paneis solares ou outras tecnoloxías deste tipo, supoñen un aforro considerábel na factura da luz, tanto en vivendas particulares como nas empresas e explotacións gandeiras”.

Xosé Lois González “Pereira” destacou que esta medida contribúe á sostibilidade do Planeta “temos que ser menos dependentes na enerxía, por isto, desde as institucións temos que pór mecanismos para contribuír a soberanía enerxética e mellorar a continuidade da Terra”.

Medidas ante a inflación

O BNG tamén presentou no pleno unha batería de medidas urxentes para frear os efectos da brutal subida de prezos. Algunha delas son: a compra pública de pensos para garantir a subministración, subir as pensións e salarios máis baixos ou a baixada selectiva do IVE dos alimentos e servizos básicos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.