Javier Arias. «Consumir alimentos locais, dan vida ao rural lucense»

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, instou hoxe a «consumir alimentos locais, resultado dunha produción tradicional, que dan vida ao rural lucense porque achegan riqueza e son respectuosos co medio ambiente».  O delegado realizou estas declaracións no marco da feira Expogrelo que se celebra en Abadín.

Arias puxo de manifesto a aposta da Xunta pola calidade agroalimentaria, a través de iniciativas como a campaña Galicia Etiqueta Calidade, coa que promociona os produtos con selo de garantía do mar e do campo, entre os que se atopa o grelo.

Neste sentido, destacou que a Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia «garante a calidade do produto, mellorando a súa competitividade». Ao respecto, lembrou que a Xunta ten aberta unha convocatoria de axudas para accións de promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, á que poden acceder tanto os consellos reguladores como entidades asociativas de produtores.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de marzo e subvenciona gastos relativos a campañas publicitarias, misións comerciais ou a organización e participación en feiras e exposicións, entre outras iniciativas de difusión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.