Lugo avanza na renovación do alumeado público cunha nova intervención nas Gándaras

Alexandre Penas: «Continuamos coa mellora do alumeado público da cidade, instalando novas luminarias para mellorar a imaxe desta zona, reducindo o consumo eléctrico do concello»

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas , Alexandre Penas, informou da última actuación que está a executar o Goberno de Lugo avanzando na renovación da rede de alumeado público. Alexandre Penas explicou que «con esta actuación avanzamos na mellora da rede de alumeado público da cidade e melloramos do mesmo xeito a imaxe desta zona», e engadiu «avanzamos na instalación de alumeado LED de baixo consumo, que permite unha boa capacidade lumínica reducindo o consumo enerxético e as emisións de substancias contaminantes emitidas á atmosfera pola rede de alumeado público da cidade».

A concellería de Infraestruturas renovou o alumeado público das rúas Virxe da Soidade, San Xosé, Tres Marías e Camiño de Romai. En total, instaláronse 15 luminarias de 30W e 7 de 15, o que mellorará a visibilidade da zona permitindo reducir o consumo eléctrico.

Desde a concellería de Infraestruturas continúase a investir na renovación da rede de alumeado, con distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade, que se executarán durante o 2022. Nos últimos dous anos a área de Infraestruturas renovou o alumeado en múltiples zonas da cidade, instalando novas luminarias en rúas que non contaba con alumeado público, e reducindo a cantidade de luminarias con elementos contaminantes, como o vapor de sodio ou de mercurio instaladas na cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.