Máis de 250 deportistas de Galicia e Portugal participarán o sábado na XLI Regata Miño Internacional

Máis de 250 deportistas participarán este sábado na XLI Regata Miño Internacional Memorial José Luís Méndez que se celebrará en augas do río Miño entre Currás, Tomiño, e Tui

Esta proba deportiva foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, o vicepresidente do club, Luís Moroño, a secretaria Auri Gil, e polo o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo. Tamén estivo presente o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz.

A inscrición para participar na regata pecha hoxe, pero está xa confirmada a presenza de 250 deportistas de Galicia e Portugal que competirán en embarcación de 8 e 4. A proba será este ano Memorial José Luís Méndez. O embarque está previsto ás 11 h en Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, dende onde deportistas irán remando até o punto de saída en Currás. A saída comezará ás 11.50 h por tandas por categorías. O tempo estimado en completar os seis quilómetros da regata será algo máis de vinte minutos.

O alcalde en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen salientou o espectacular desta regata que este ano será “moi especial por levar o nome de José Luís Méndez”, avanzando que dende o Concello se está traballando para darlle ao Centro Municipal de Remo o nome Jose Luís Méndez, figura imprescindible no remo tudense. Amosou amais o compromiso do concello co deporte e con continuar coa mellora das instalacións deportivas, na liña iniciada nos últimos anos. Animaba ao público a acudir o sábado ao Miño para presenciar esta regata. O concelleiro amosou neste acto as súas condolencias á familia e amigos de Lino Blanco, xornalista deportivo falecido nas últimas horas.

O presidente do Club Remo do Miño, organizador da regata, Manuel Ángel González, explicaba coma non foi fácil volver a arrancar tras dous anos de parón debido á pandemia. Amosou a súa satisfacción pola participación rexistrada, pese ao cambio de data, xa que a regata habitualmente se celebra en xaneiro. Amosou tamén o seu agradecemento tanto ao Concello de Tui, á Comandancia Naval do Miño e a Protección Civil así coma aos patrocinadores que fan posible este evento. A secretaria do club, Auri Gil, salientaba o “duro traballo” que hai detrás dunha regata, xa que máis aló do deportivo. Invitou á cidadanía a acudir o sábado ao río e gozar do “ballet na auga”, facendo súas as palabras que José Luís Méndez empregaba para referirse ao remo, xa que afirmaba que a regata “é impresionante vela na auga”.

O comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, salientaba coma “a Armada está concienciada en axuda e co deporte” amosando o seu apoio á organización para controlar as embarcación no río, e “desexando que as probas deportivas volvan ao Miño cada fin de semana”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.