Máis de 50 alumnos do IES Pazo da Mercé das Neves plantarán 200 árbores autóctonas contra a crise climática

A actividade enmárcase dentro do proxecto “As Neves Verde Autóctono”, dirixido a impulsar as accións de mozos e mozas na loita contra o cambio climático, no que participarán entre marzo e setembro máis de 50 xóvenes das Neves

Con motivo do día da árbore, o vindeiro 21 de Marzo os rapaces de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato do IES Pazo da Mercé levarán a cabo unha plantación de 200 árbores autóctonas nun terreo cedido pola comunidade de montes de Taboexa. Esta actividade enmárcase dentro dun proxecto chamado “As Neves verde autóctono” que foi seleccionado entre máis de 50 de toda España pola organización de Ayuda en Acción como gañador das subvencións 1Planet4All, que financiarán con 24.000 euros seis proxectos de acción climática liderados por xóvenes en toda España

Os 14 participantes do Consello Climático Xuvenil de As Neves foron os impulsores desta iniciativa que ten como obxectivo formar, concienciar e levar a cabo accións para a loita contra o cambio climático. A través de Dalle que Dalle, entidade sen ánimo de lucro que dinamiza as actividades deste Consello Climático, solicitaron este proxecto que continuará ata finais de setembro e no que os rapaces se farán cargo do rego e coidados das árbores e participarán en outras actividades de formación e divulgación en materia de xestión forestal e consumo responsable.

“A resposta fronte a emerxencia climática non pode ignorar a quen sufrirá as súas maiores consecuencias: a mocidade. Por iso, en 1Planet4All impulsamos iniciativas como As Neves Verde Autóctono deseñadas por e para mozos e mozas que queren pasar á acción polo planeta”, afirma Begoña Rodríguez, responsable de 1Planet4All en España.

O Concello de As Neves participará no evento e facilitará os aparellos para que os mozos e mozas leven a cabo a plantación e a comunidade de montes de Taboexa ofreceu os seus terreos e levaron a cabo as tarefas de preparación.

Proxecto europeo 1Planet4All

Esta iniciativa forma parte de 1Planet4All, un proxecto financiado pola Unión Europea que busca formentar o compromiso de máis de oito millóns de mozos e mozas en resposta fronte a crise climática. Ayuda en Acción, é a ONG que lidera en España este proxecto que tamén se está desenvolvendo noutros 12 países europeos da man dous 13 ONG de cooperación e axuda humanitaria.

Ayuda en Acción

Dende 1981, a ONG Ayuda en Acción centra os seus esforzos en acompañar ás persoas dende a súa infancia ata que sexan capaces de tomar as rendas das súas vidas e transformar as súas comunidades. Defende e actúa polo dereito de autosuficiencia de todas as persoas en todos os lugares do mundo. Actualmente apoia ma máis de 1,2 millóns de persoas e traballa por un presente digno e un futuro con oportunidades en 23 países de África, América Latina, Asia e Europa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.