María Fernández e Rosa Rego, novas reponsábeis locais do BNG na Fonsagrada

O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada elixiu a través dun proceso democrático, participativo e asembleario a nova responsabilidade local da fronte nacionalista.

Como froito deste proceso de renovación, a militancia decidiu pór a dúas mulleres á fronte do BNG na Fonsagrada, María A. Fernández e Rosa Rego.

Esta responsabilidade compartida desenvólvese para mellorar o traballo político e social nun dos concellos máis extensos de Galiza. Deste xeito, poderase chegar e afrontar as problemáticas e circunstancias cunha mellor comunicación coa veciñanza.

María Fernández sinalou os obxectivos que se marca nesta nova etapa «daremos o mellor de nós para reforzar e ampliar o proxecto nacionalista na Fonsagrada, aumentar a súa capacidade organizativa e social»

De igual xeito, Rosa Rego declarou como encaran esta nova encomenda «afrontamos as dúas esta responsabilidade con ilusión e con moito traballo para acadar o mellor para A Fonsagrada, imos afianzar o BNG como a referencia do traballo coherente e rigoroso para mellorar a vida da nosa veciñanza»

As novas responsábeis locais e a asemblea local agradeceron o traballo desenvolto por Xosé M. Campos.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.