Noelia Otero. «O responsable da CRTVG asegura que van seguir facendo o de ata agora logo dunha sentenza xudicial en contra por vulnerar o dereito á conciliación»

A parlamentaria socialista Noelia Otero amosou hoxe a súa “intranquilidade” logo da “falla de sensibilidade” amosada pola CRTVG logo da recente condena ratificada polo TSXG por discriminación dunha traballadora á que lle vulneraron o dereito á conciliación. Otero presentou unha pregunta oral en Comisión do Parlamento, e lamentou que o máximo responsable do ente “asegure que van seguir facendo o de ata agora”.

Otero lembrou esta sentenza “moi grave” do máximo tribunal galego contra a CRTVG por vulnerar o dereito á non discriminación por razón de sexo e a vulneración dos dereitos á protección da familia e da infancia. Segundo a sentenza, o ente público deixou sen xustificar a negativa á discriminación horaria, vulnerando o dereito á conciliación dunha traballadora que o solicitara.

A parlamentaria socialista trasladou que “cada vez dubidamos máis” do “suposto compromiso coa igualdade” por parte da televisión pública galega, que terá que asumir a indemnización a esta traballadora por danos, e advertiu de que “as boas palabras non valen nada” se non van acompañadas de feitos.

Lembrou neste sentido os recentes casos que evidencian un “tratamento frívolo e falla de respecto absoluto cara tódalas mulleres” mesmo dende a programación da CRTVG, obviando e mesmo deturpando o “papel fundamental dos medios de comunicación públicos” a prol da igualdade e na loita contra a violencia machista.

Land Rober

Noelia Otero apelou ao episodio de Land Rober no mes de abril do ano pasado, dando pábulo a un presunto acosador fronte á súa vítima nun programa que decidiron emitir a pesares de estar gravado previamente. Sinalou tamén as valoracións nunha edición do Faladoiro inmediatamente posterior con valoracións “como mínimo desafortunadas” aludindo á denuncia de violencia de xénero por parte de Rocío Carrasco.

Otero defendeu un papel activo dos medios públicos de comunicación na loita contra casos de machismo, na liña exactamente contraria ao recente chío do presidente da Xunta “asegurando que a violencia vicaria non era machista, senón intrafamiliar”.

Lamentou tamén “o que está a acontecer no xuízo contra o futbolista Santi Mina por un presunto delito de violación”, no que a defensa “emprega todo tipo de argumentos, mesmo contratando un detective privado para cuestionar a vida da vítima e a roupa que vestía despois da denuncia”..

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.