Novas actividades divulgativas nos tres concellos da Reserva dos Ancares Lucenses

Un campamento científico, xogos tradicionais, un curso de cestería, unha saída para identificar árbores autóctonas ou unha ollada xeolóxica na contorna do Piornedo son algunhas das iniciativas que terán lugar en Becerreá, Cervantes ou Navia de Suarna

A Deputación de Lugo lanza unha nova programación de actividades de divulgación e de educación ambiental para o segundo trimestre do ano sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial. As xornadas desenvolveranse os meses de abril, maio e xuño nos concellos que integran esta Reserva: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza desde este mesmo luns, 28 de marzo, a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacion.org. Para obter máis información, poden chamar ao número de teléfono 982.227.812 ou 982.227.813. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva, e ata completar o aforo.

Programación

O programa está dirixido a todos os públicos e inclúe un campamento científico, xogos tradicionais, un curso de cestería, unha saída para identificar árbores autóctonas ou unha ollada xeolóxica na contorna do Piornedo.

Becerreá

  • 9 de abril: Xornada viaxeira. Esta actividade está dirixida a público familiar e sairá desde a Casa do Concello de Becerreá ás 11.00 horas, prolongándose ata as 19.00 horas. Hai un total de 75 prazas.
  • 27, 28, 29 e 30 de xuño: Campamento científico. Esta é unha actividade infantil que conta con 15 prazas. Desenvolverase no Centro Social da localidade entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Navia de Suarna

  • 16 de abril: Xogos de agora e de sempre. Esta é unha actividade orientada a nenos e nenas que conta con 20 prazas. Desenvolverase na Escola de Barcia entre as 17.00 e as 19.30 horas.
  • 4 de xuño: Curso de cestería. Esta acción está pensada para público adulto. Farase en horario de 16.00h. a 21.00h. Hai 8 prazas dispoñibles.

Cervantes

  • 4 de xuño: Unha ollada xeolóxica na contorna do Piornedo. Esta actividade diríxese ás familias e terá lugar en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.00 horas na Antiga Escola de Piornedo. 25 prazas dispoñibles.
  • Saída de Identificación de árbores autóctonas nos Ancares. Esta acción formativa está dirixida ao alumnado do CPI de Cervantes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.