O BNG impulsa mocións nos concellos dos Ancares para implantar un servizo de transporte público ao estudantado de bacharelato e FP

Esta semana presentarase en Becerreá, Navia de Suarna e Baralla

O Bloque Nacionalista Galego impulsa mocións nos concellos da comarca dos Ancares para proporcionar un servizo público de transportes ao alumnado que estea a cursar os seus estudos de bacharelato e formación profesional nos institutos da comarca.

Na actualidade, moitas familias da comarca teñen que adicar un enorme esforzo económico para garantir o ensino das súas fillas e fillos, ou directamente, teñen que marchar dos Ancares para continuar cos seus estudos en Lugo ou outras cidades.

A concelleira do BNG en Becerreá, Sabela Pérez, declarou «esta iniciativa do BNG axudará a garantir os dereitos educativos como a fixar poboación nos Ancares, xa que a única forma de frear o despoboamento é despregando servizos públicos adaptados ao territorio».

Sabela Pérez subliñou a repercusión económica desta iniciativa «supón unha axuda moi importante para as familias, xa que agora os gastos de desprazamentos son moi custosos e non reciben ningunha axuda para poder afrontalo, soamente para que a súa filla ou fillo poida recibir unha formación académica».

A concelleira do BNG en Becerreá destacou o desprezo do PP á fronte da Xunta pola comarca «nos Ancares estamos a sofrer a discriminación da Xunta, e o exemplo máis claro é o desprezo do PP polo noso instituto cos recortes que lle está a aplicar, en vez de dotar de servizos a comarca, está a mingualos» declarou Sabela Pérez.

O BNG presentará a moción esta semana ante en Becerreá, Navia de Suarna e Baralla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.