O BNG organiza na Pastoriza un acto público sobre as súas propostas no sector lácteo

Será este mércores ás 12 horas na casa da música da Pastoriza

O Bloque Nacionalista Galego na Pastoriza organiza un acto público sobre a situación actual do sector lácteo e as propostas da organización ante as circunstancias que está a vivir o sector.

Contará coa participación do deputado no Parlamento galego, Xosé Luis “Mini” Rivas e a tenente de alcalde e portavoz do BNG, Elva Carrera. Celebrarase o mércores 16 de marzo, ás 12 horas, na casa da música (antiga cámara agraria) da Pastoriza.

Elva Carrera declarou a necesidade deste tipo de acto público coa veciñanza “na Pastoriza temos unha das maiores cargas gandeiras de leite de Galiza e a situación no sector esta sendo moi difícil, por isto, desde o BNG consideramos fundamental darlle respostas e organizar este acto”.

Asemade, a tenente de alcalde e portavoz do BNG na Pastoriza animou a veciñanza a asistir a este acto “desde o BNG convidamos a todas aquelas persoas para que coñezan as nosas propostas de presente e futuro sobre o sector, as que o noso deputado Mini Rivas poñerá todos os datos e as iniciativas que o BNG xa desenvolveu ante o Parlamento galego” sinalou Elva Carrera.

O BNG está a celebrar este tipo de actos públicos co sector do leite por toda Galiza, para amosar as súas propostas perante o encarecemento das materias primas como son os cereais, pensos, carburantes, entre outros, e a falta de prezos xustos na produción gandeira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.