O Grupo Municipal Socialista de Chantada  rexistra unha moción para o seu debate plenario sobre a situación que se está a vivir no IES Val do Asma

Todas as alarmas saltaron cando o equipo directivo mantivo unha xuntanza informal con representantes da Xunta de Galicia e foron informados da fusión das ensinanzas da ESO e Bacharelato no IES Lama das Quendas , o cal afectaría a 128 alumnos que se verían forzados a desplazarse a outro centro , con bastantes posibilidades , no vindeiro curso xa .

Consideramos este feito un atropello sen parangón á veciñanza de Chantada e Carballedo . O Partido Popular actúa con nocturnidade e alevosía contra o noso concello e , polo tanto , contra a mocidade que vive no rural galego , a pesares de fachendear co slogan “ ruralízate “.

A comunidade educativa segue a día de hoxe sen ter ningunha certeza e moitas incógnitas sobre o futuro dun centro que proporciona ademais ensino en ciclos formativos e que , paulatinamente , recibe negativas por parte da Consellería  de Educación para ampliar a súa oferta .Sen ir máis lonxe , ó xa extinguido Ciclo de Turismo , engádese a negativa a ofertar en Modalidade Ordinaria o Ciclo Superior de Márketing e Publicidade ou o Ciclo Medio de Xestión Administrativa , ambos solicitados polo centro . Que é o que pretenden facer en realidade ,pois? Xunto co peche na oferta en ESO e Bacharelato parecen estar encamiñando á situación á desaparición da Formación Profesional no noso Concello , precisamente , ignorando as necesidades de emprego , formación e as estructuras socioeconómicas de Chantada e da súa comarca .

O PSdeG xa levou esta preocupación ó Parlamento Galego , obtendo a calada por resposta , do mesmo xeito , presentou iniciativas e preguntas que o PP non terá máis remedio que abordar . E o noso alcalde – senador do PP ? Vai dar a cara por defender os nosos servizos ou vai calar coma fai sempre cando os seus compañeiros na Xunta agreden o concello que el goberna ?

Na nosa moción pedimos :

  1. Manifestar o rexeitamento á fusión da ESO e Bacharelatono IES Lama das Quendas
  2. Esixir á Consellería de Educación un proceso de diálogo permanente cos equipos directivos dos IES do noso concello e cos representantes de país e nais , no cal se informe con transparencia dos plans da Xunta e se analicen os pros e contras tendo en conta a opinión manifestada pola comunidade educativa .
  3. Demandar a ampliación e oferta en Formación Profesional do IES Val do Asma que debe contemplar a demanda e necesidade estructural , social e económica da nosa comarca . Algúns dos ciclos que nos parecen imprescindibles deberían incluír a formación sociosanitaria , a integración social e a viticultura e gandería .

Foto. Paxinasgalegas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.