O partido 200 alimenta a esperanza. O Victoria de Santiago non está a pasar os seus mellores momentos

En calquera caso, a súa esperanza por salvar a categoría pasaba por derrotar ao Sp. Gijón B en Santa Isabel. Fíxoo logrando o triunfo máis folgado da campaña (3-0).

Alén do resultado, as capitalinas xogaron o partido oficial 200 da súa historia, aquela que iniciaron o 06/09/2015, goleando por 5-0 ao Conxo, no derbi local do grupo I da Segunda División Galega. Sempre con Chivi á fronte, o equipo viviu dous ascensos consecutivos para chantarse pola vía rápida no fútbol estatal, ao tempo que nacía unha das mellores estruturas de fútbol base feminino galego, que se mantén con tres equipos séniors (única entidade galega que o ten) e outros nas ligas cadete e infantil. O 09/06/2018 celebraron o partido 100 cun 7-0 sobre o Villestro.

O resultado permitíalles entrar na final da Copa do Sar, trofeo que acabarían gañando na semana seguinte, vencendo ao Aguiño polo mesmo resultado que ás veciñas de concello. En tempos de vacas fracas, logo de perder a futbolistas determinantes como Angy, Noela ou Duro, que regresou cal filla pródiga hai unhas semanas, o equipo mantén os folgos para soñar con evitar o dobre descenso desta temporada. Ánxela, Laurita e Alba asinaron os goles que alimentan a esperanza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.