O pleno de Oleiros demanda que o Goberno central rectifique a súa decisión sobre o Sahara

O pleno municipal aprobou a moción presentada polo Goberno de Alternativa dos Veciños e o BNG para amosar o firme apoio do Concello de Oleiros ao pobo saharauí e ó seu único e lexítimo representante, o Frente Polisario, na súa loita contra a ocupación militar e polo exercicio de pleno dereito de autodeterminación e a independencia. No acordo solicítase ao Goberno español que dea marcha atrás no seu recente cambio de postura avaliando o referendo de autodeterminación acordado por ambas as dúas partes e recollido nas resolucións da ONU, tomando a iniciativa para apoiar activamente ao enviado especial da ONU para o Sáhara Occidental, Staffan de Mistura, no seu traballo.
O pleno tamén aprobou unha declaración institucional pola paz en Ucraína; a solicitude de subvención de 300.000 euros para a finalización da rehabilitación da Finca Tenreiro; e diversos acordos relativos a convenios urbanísticos subscritos que adquiriron eficacia coa aprobación do último PXOM de Oleiros